Nº Rex. Sanitario: 15-003345
Co fin de cubrir un vacío no ámbito socio-educativo e terapéutico naceu Ecoha. A través dos grupos formativos e da terapia psicolóxica, na nosa consulta atendemos os malestares máis frecuentes na vida cotiá de nenos, adolescentes e adultos.
Somos especialistas no tratamento psicopedagóxico infantil e xuvenil; en terapias individuais, de parella e familiares; a xestión socioeducativa e dinamización social.
O segredo do noso éxito está no trato personalizado dos coidamos da saúde mental que realizamos en todas as edades e no servizo cercano, profesional e discreto que caracteriza a Ecoha.
En Ecoha encontrarás a axuda que precisas para solucionar problemas de ansiedade, fobias, trastornos e crises.
Noso equipo está formado por psicólogos e psicopedagogos expertos nas técnicas de comunicación e habilidades sociais e especializado nos Procesos Correctores Comunitarios (ProCC). Como profesionais temos como obxectivo mellorar a túa relación mental ante unha preocupación e axudarche a superar crises, manías e medos.
O noso trato individualizado e personal combinado ca nosa ampla experiencia fan de Ecoha o centro psicolóxico que buscas en Noia.
Ofrecemos tratamentos psicolóxicos personalizados de forma individual, en parella ou en grupo.
Contamos con programas de formación y prevención orientados á transformación social e habilidades personais.
En Ecoha poñémoscho fácil co noso servizo de reserva de citas e a posibilidade de estacionar gratis.
Ofrecemos axuda no trastornos da aprendizaxe (lecto-escritura, cálculo…), trastornos da linguaxe, tratornos da atención e hiperactividade (TDAH), trastornos do espectro autista (TEA), aplicación de tests (intelixencia, preferencias profesionais)...
Dinamizamos a formación a través de programas de intervención grupal e buscamos favorecer e potenciar habilidades persoais e de transformación social, mediante os espacios grupais onde analizamos as contradiccións cotiás que xeran malestar buscando alternativas para a súa resolución. Para acadar eses obxectivos estamos especializados na metodoloxía dos Procesos Correctores Comunitarios (ProCC).
Os destinatarios dos nosos servizo en xestión socioeducativa son institucións (concellos, centros de ensino, culturais, sociais, clubes da terceira idade...) e asociacións particulares (AMPAS).
Para a realización dos programas ofrecemos a posibilidade de levalos a cabo no gabinete Ecoha ou no centro solicitante.
Reforzamos a dinamización de AMPAS, Clubes da Terceira Idade, Escolas de Pais e Nais...
Pon nas nosas máns as túas preocupacións e axudarémosche cun trato personal, profesional e discreto.